xoves, 30 de abril de 2015

ARTE EN ACCIÓN




Editorial Acanto S.A.
Arte en Acción pretende achegar aos nenos e nenas do mundo a Arte con proxectos creativos inspirados en obras maestras.
Crear unha pintura rupestre, deseñar unha obra de arte basada noutra, recrear versións persoais imitando vidrieiras, crear  bolas de cristal de neve...

sábado, 25 de abril de 2015

HÓRREOS ARTÍSTICOS

Na clase de Valores Sociais e Cívicos os rapaces e rapazas de primeiro aproveitaron a investigación que estaban levando a cabo sobre a vila de Bueu para facer un traballo cooperativo no que copiaron unha construción tradicional galega: O HÓRREO.

Tratouse dun traballo por equipos, primeiro aprenderon as partes dun hórreo e os seus nomes e despois, con moita plastilina de cores, foron dando forma a cada unha delas, ata que conseguiron rematalo.

Como quedaron tan bonitos, están expostos na entrada do colexio, para que todos os poidas admirar porque a arquitectura é outra forma de ARTE.








domingo, 19 de abril de 2015

CIRCUITOS CON ARTE

O rapaces e rapazas de 6º convertéronse en científicos e artistas e elaboraron  uns circuitos eléctricos moi artísticos poñendo en práctica o aprendido na materia de Coñecemento. A súa creatividade deixounos a todos abraiados coas OBRAS DE ARTE que forman parte, dende hai uns días,  dunha exposición na entrada do cole: 

O ARCO DE TRIUNFO
A ESTATUA DA LIBERDADE NO PLANETA DOS SIMIOS
UN TEATRO
A NOITE ESTRELADA DE VAN GOGH
O DRAGÓN DE GAUDÍ
O FARO DE CABO HOME
O CINE DE SEIXO (MARÍN)
A TORRE DE HÉRCULES
A TORRE DE TOKYO

A TORRE DE PISA
XOGO PINTURAS E AUTORES
MUSEO POP ART
O COLISEO ROMANO

xoves, 9 de abril de 2015

POEMAS DE CORES

Para conmemorar o 21 de marzo, DÍA DA POESÍA, escollemos da biblioteca dous libros relacionados coa arte:

Despois de lelos con moita atención e comentalos, o alumnado de segundo de primaria decidiu crear os seus propios poemas xogando coas cores e as sensacións que nos transmiten.