martes, 27 de xaneiro de 2015

JOSÉ MARÍA BARREIRO VISITA O NOSO COLE

O venres 16 de xaneiro recibimos unha visita moi especial, o artista José Mª Barreiro que nos contou moitísimas cousas sobre a súa vida e as súas obras.




Descubrimos que é un gran conversador, unha persoa marabillosa e moi xenerosa que doou para a nosa biblioteca un lote de libros sobre a súa obra e dúas láminas preciosas que pronto formaran parte da Galería de Arte do Bibliocastelo.



Nos tamén lle falamos do noso proxecto de ARTE e amosámoslle a Galería de Arte que temos no corredor da biblioteca. Os nenos e nenas de 1º B contáronlle todo o que aprenderan del. Neste vídeo pódese ver un anaquiño da súa intervención.

LER A ARTE DE MARGARITA PORTELA FREIRE

Margarita Portela Freire naceu en Meiro, Bueu e acutalmente reside e traballa en Pontevedra. Cando era unha nena estudou no Ceip A Pedra de Bueu, o noso cole.
En Santiago cursou "Deseño de interiores" na Escola de Artes Mestre Mateo. Continua facendo cursos de fotografía e video.
Expuxo a súa obra en Bueu, Pontevedra, Lugo, SAntiago, Ferrol...
A súa obra esta chea de colorido e pensando nela os nenos e nenas de 4ºB fixeron as súas propias pinturas.














luns, 26 de xaneiro de 2015

LER A ARTE DE JOSÉ SOLLA

José Solla naceu en Seixo, Marín pero emigrou a Arxentina sendo moi novo. Alí matriculouse na Escola de Artes. Actualmente vive entre a cidade de Mar de Plata e a vila de Bueu.
Expuxo as súas obras por todo o mundo: USA, Brasil, Corea, Chile, Uruguay...
No 2012 a vila de Bueu homenaxea ao artista, poñéndolle o seu nome o paseo de Agrelo.
Na escola de canteiros de Pontevedra estase a construír unha gran escultura de 3 metros de alto, en pedra, cos deseños xeroglíficos do artista e que se vai colocar na Praza Massó.

Os nenos e nenas de 3ºA trataron de imitar a José Solla e mirade que chulos lles quedaron os seus debuxos!



Tamén contactaron con el por teléfono xa que se atopa en Mar de Plata nestes momentos, pero prometeu que ia visitarnos en canto poña rumbo a Galicia.

domingo, 25 de xaneiro de 2015

LER A ARTE DE CAMILO CAMAÑO XESTIDO

Os rapaces de 2ºB investigaron a vida e o traballo deste artista de Coiro, Cangas. 
É un artista moi polifacético: pintor, escultor, ilustrador e escritor. As súas obras representan esceas e personaxes da terra (gaiteiros, labregos...), bodegóns, flores e paisaxes de Galicia. Tamén pinta cadros abstractos.
Na escultura emprega a pedra granítica, o bronce e a terracota. Tamén ilustrou algúns libros e escribiu varios artigos de crítica e comentarios de arte, así como relatos sobre Galicia e historia local.
Realizou varias exposicións tanto en Galicia como fora das nosas froneiras.
Neste video podemos escoitar unha entrevista ao propio Camaño onde nos fala sobre a súa vida e a súa traxectoria artística.



Creou a FUNDACIÓN CASA MUSEO "A MANGALLONA" que realiza moitas actividades en prol da arte, da cultura e da investigación.
Os nosos rapaces e rapazas recrearon algunhas das súas pinturas con moito éxito.



xoves, 22 de xaneiro de 2015

OS TRASNOS DESCOBREN A ARTE

Despois das vacacións do Nadal os trasnos decidiron converterse en artistas. Para comezar esta nova aventura preguntáronse:  QUE É A ARTE? QUE SON AS OBRAS DE ARTE? QUE PRECISAMOS PARA FACER ARTE? e como eran unhas preguntas moi complicadas para eles tiveron que pedir axuda na casa. Preme no enlace para seguir as súas pescudas:

PREME NA IMAXE
A continuación puxéronse mans á obra preparando e decorando un recuncho na aula onde irán recollendo todo o que aprendan:



Despois coñeceron a un artista moi especial que atoparon unha mañá na pizarra máxica: Salvador Dalí. Aprenderon moitas cousas sobre el e as súas obras.
Descubriron o conto "El sueño de Dalí" que lles gustou moito:



Se queredes saber como continúa esta aventura non deixedes de consultar o blog dos TRASNOS

mércores, 7 de xaneiro de 2015

O BELÉN DE PLASTILINA MÁIS ARTÍSTICO

Como ven sendo tradición polo nadal, os nenos e nenas do primeiro ciclo puxeron en marcha a súa creatividade para deseñar, un ano máis, o BELÉN de PLASTILINA.


Dentro dos obradoiros de nadal crearon todas as figuras pero, non estiveron sos, contaron coa axuda de algunhas mamás e das profes. 





Quedou exposto na entrada do cole para que todos/as o puidesen admirar. 




Aquí está o noso Papirus presidindo esta gran obra de arte. Non podía ser doutra maneira!!!


Quedou preciosisimo!!! Cada ano supéranse a eles mesmos!!!!





domingo, 4 de xaneiro de 2015

UNS CADROS MOI FLORIDOS

Os rapaces e rapazas de quinto de primaria estiveron coñecendo a ROSA ELVIRA CAAMAÑO. Unha artista nada en Bueu, pintora, escritora, doctora e profesora en diferentes facultades de Belas Artes. Estudou e traballou  moito polo que recibiu varios premios tanto en España como en Italia.


Preme na imaxe para saber máis sobre Rosa E. Caamaño
Co gallo dos obradoiros de nadal decidiron organizar un taller de arte coa fin de crear entre todo/as dous cadros baseados nela.



Distribuíronse por grupos e empezaron a elaborar flores de diferentes tipos, con papel ou cartolina.




Pouco a pouco foron creando os cadros, poñendo as flores que ían facendo e engadindo froitas e animais, sempre  guiándose polo orixinal. Quedaron estupendos!!! 


Moi bo traballo rapaces e rapazas!!!






UNHA TORRE EIFFEL MOI ARTÍSTICA

Dentro dos obradoiros de Nadal o alumnado de sexto decidiu  facer arte ao grande.


Contaron coa axuda de Rafa, o pai de Gabriel...


...que empezara por deseñar a maqueta do proxecto.


Sen máis puxéronse mans á obra... sen perder o obxectivo final: facer unha gran escultura da Torre Eiffel armados con oveiras de cartón.



O resultado final foi incrible...


...pero non pensedes que a obra está rematada.


Agora queda a última fase: darlle cor. Pero iso será despois das vacacións de Nadal.

xoves, 1 de xaneiro de 2015

LER A ARTE DE JORGE PETEIRO

Os rapaces e rapazas de 4ºA escolleron a JORGE PETEIRO para traballar este trimestre porque lles encantou o seu estilo, os seus cadros cheos de luz e cor que transmiten moita ledicia.
Jorge Peteiro Vázquez naceu na Coruña e alí comezou as súas experiencias creativas, entre o teatro, os fanzines e os primeiros murais urbanos. Compaxinou durante anos a arte coa docencia en varios institutos galegos. 


A gama de cores que empregaba ian dende as cores primarias pasando polas marróns ata  os verdes, blancos ou morados. A unión de todas esas cores son a base principal das súas obras, a súa linguaxe, o seu estilo e identidade.
Os neno/as escolleron catro paisaxes entre as súas pinturas e puxéronse mans á obra.