mércores, 31 de decembro de 2014

LER A ARTE DE JOSÉ MARÍA BARREIRO

Nestas últimas semanas os rapaces/as de 1ºB estiveron a investigar sobre o artista JOSÉ Mª BARREIRO.
Barreiro naceu en Forcarei pero actualmente vive en Cela, Bueu. Pero ao longo da súa vida, viaxou e traballou en moitos paises: París, Bos Aires, Chicago, Caracas... Tamén foi amigo doutros grandes pintores: Laxeiro, Lugrís, Seoane, Colmeiro, Manuel Torres...
Con esta presentación aprenderon moitas cousas máis de Barreiro.



A partires desta PPT os cativos/as cubriron unha ficha cos datos máis relevantes sobre Barreiro



Agora que xa coñecían algunhas das súas obras decidiron reproducir as súas pinturas.



Como remate, tamén eles quixeron compartir cos nenos/as de 1ºA todos os coñecementos que aprenderan:

luns, 29 de decembro de 2014

LER A ARTE DE URBANO LUGRÍS

Durante este trimestre, os rapaces e rapazas de 1ºA estiveron a investigar sobre a vida e obra de URBANO LUGRÍS . 
Aprenderon que, aínda que Lugrís naceu na Coruña (1908), a súa traxectoria vital e súa arte estiveron moi vinculadas ao pobo de Bueu (1940) e á familia Masso.  
Lugrís era fillo do político, escritor e un dos fundadores da Real Academia Galega, Manuel Lugrís Freire e da pianista Purificación González. Estivo casado e tivo dous fillos: Urbano Lugrís Vadillo (tamén pintor) e Paula.
Coñeceron alguns dos seus cadros (A illa, A Torre de Hércules, As illas Cies, Habitación do vello mariñeiro...) e murais (A balea)...



A partires desta presentación cumplimentaron unha ficha con datos sobre Lugrís.



Despois de coñecer a súa obra puxeron en marcha toda a súa creatividade e trataron de reproducir algunhas das súas pinturas:



Como remate a esta actividade contáronlle aos compañeiros/as de 1ºB todo o que aprenderan:

mércores, 24 de decembro de 2014

SENTIR A ARTE. EMOCIONARTE

Para comezar esta actividade cada neno/a pechou os ollos e deixou voar a súa imaxinación a través das cores, observándoas con todos os seus sentidos.
Despois foron anotando nunha ficha tamaño DIN A3, os pensamento ou sensacións que lles suxería cada cor. Se queres ver o resultado e saber o que nos fan sentir, preme nas cores: 


Con algunhas das ideas suxeridas elaboramos un mural que se atopa no corredor de entrada da biblioteca baixo o titulo: SENTIR A ARTE. EMOCIONARTE.


A COR AMARELA FAINOS SENTIR...

A cor AMARELA
  • sabe a ...    doce como as natillas, sabe a limón, a tortilla de patacas, a ananás e plátano, a mel, a xeado de limón, a queixo curado, a pasteis, a xema tostada... 
  • cheira a...   zume de limón, a colonia de vainilla, a pole, a limón recén cortado, a mostaza, a queixo e a manteiga, a margaridas, a xirasois, arrecende a gardenia...
  • é a miña vista como...   os raios de sol, un campo cheo de pampillos ou de trigo, un cesto cheo de limóns, a estrela da árbore de Nadal, o brillo do ouro e das estrelas no ceo, un montón de palla... 
  • escoitase como...  as moedas cando caen ao chan, o granizado de limón, o piar dun xílgaro, o son dun saxofón, dunha trompeta ou dunha campá, o ruxido dun león, o tic tac dun reloxo de ouro, as notas musicais, o zoar dunha abella, o son dun parruliño de goma...
  • Síntoa cando a toco... rugosa como o millo, lisa como a carapa dun plátano, graxa como a moionesa, blanda como Bob Esponxa, rugosa como unha tortiña de millo, suave como a melena de Rapunzel, viscosa como as natillas, como a pel dun limón, as plumas dun pitiño, a plastilina, unha manta cando vai frío no inverno...
  • faime sentir... luz, forza, diversión, ledicia, tranquilidade, mareo, fogo, alegría, enfado...  

A COR AZUL FAINOS SENTIR...

A cor AZUL
  • sabe a ...    lambetadas e gominolas de froitas, a caramelo de arándanos, a peixe fresco, a piruleta azul,  a sardiñas asadas, salgada como a auga do mar, a caramelo de anís...
  • cheira a...    lavanda, a salitre, a chuvia de verán,  a libros científicos, a tenda de larpeiradas, a sardiñas, a perfune, a deterxente...
  • é a miña vista como...   unha mañá de inverno, os peixes de cores no fondo do mar, o ceo sen nubes, a cor dos meus ollos, unha balea azul, un cadro de Lugrís, un campo cheo de lavanda, os ollos de mamá, os tellados das casas dun pobo grego, o mar...
  • escoitase como...  as ondas do mar cando rompen na praia, o son que fai un colibrí ao bater as ás, o chapoteo da chuvia, o ruído do mar cando hai maruxía, a serea dun coche de policía...
  • Síntoa cando a toco... húmida como a auga, suave coma os pitufos ou as plumas dun colibrí, as ondas do mar que chocan cos corpos dos bañistas, dura como os zafiros, branda como a plastilina, mergullarse na auga do mar cando vai calor, un par de guantes...
  • faime sentir... calma, seguridade, lealdade, seriedade, frescura, verdade, friaxe, relax, sede, confianza, tristura, serenidade...  

A COR MARRÓN FAINOS SENTIR...

A cor MARRÓN
  • sabe a ...    cereais, doce como o chocolate, amarga como o café, a turrón brando, saborosa como un bombón, a améndoas fritas, doce como a mel,  a xeado...
  • cheira a...   coiro, a bosque, a esterco, a terra mollada, a tarta de chocolate, arrecende a canela, a chocolate quente, a lentellas, a madeira, a carne estofada, a caca...
  • é a miña vista como...   unha morea de terra, o tronco dunha árbore, un ladrillo, un camiño enlamado, o chan cheo de follas secas no outono, a cor da pel cando está moi bronceada...
  • escoitase como...  a risa dun mono, o ruído da serra ao cortar a madeira, un portazo,, o ruído das pegadas no barro, o ruxido dun león,  o son do despertador para ir ao cole...
  • Síntoa cando a toco... dura como un pau ou como a cáscara dunha avelá, rugosa como un cartón ou como a cortiza dunha árbore, suave como a pelaxe dun gatiño pardo, moldeable como a arxila... 
  • faime sentir... morriña, nostalxia, aburrimento, acolledor, noxo, reflexivo, ansiedade, estabilidade, cobardía, incomodidade, apatía, constancia,  felicidade...

A COR VERDE FAINOS SENTIR...

A cor VERDE
  • sabe a ...   sopa de verduras, revolto de acelgas, xeado de lima, a chícharos, a kiwi, a chicle de clorofila, a leituga...
  • cheira a...   loureiro, a herba mollada, a césped recén cortado, a té verde, a romeu e a herbaluísa, a menta fresca, a caldo de grelos, a brocoli fervido, a verdura...
  • é a miña vista como...   o céspede ben cortado, un campo cheo de herba, unha morea de follas novas, unha  parede cuberta de hedra, un campo cheo de trevos, un trebo de catro follas,  a paisaxe de Galicia...
  • escoitase como...  o canto dun grilo, o croar dunha rá, o pitido dun semáforo, o ruído da segadora cando corta a herba, o son da fraga, o zoar do vento, o asubio dunha serpe, o ruído do vento contra as follas...
  • Síntoa cando a toco... como o bambú, pincha como un cactus ou unha estruga, apegañento como os mocos, como as cóxegas que fan as herba no nariz, esvaradizo como a folla dunha laranxeira ou o verdín das rochas, mol como un colchón de follas, suave como a miña chaqueta favorita...
  • faime sentir... equilibrio, esperanza, ilusión, harmonía, frescura, tenrura, xuventude, arrepio... 

A COR NEGRA FAINOS SENTIR...

A cor NEGRA
  • sabe a ...  arroz con choco, a comida queimada, salgado como as olivas negras, doce como o carbón de Reis, picante como a pementa negra, amargo como a regalicia negra...
  • cheira a...  fume, a chapapote, a queimado, a caucho, a neumático queimado, a cinza, a cabuxa, forte como a té negra, a alcantarilla, a pelo sucio...
  • é a miña vista como...   a noite sen estrelas, as sombras na escuridade, espertar pola noite dun pesadelo, o espazo exterior, o acibeche, a escuridade do meu cuarto cando apagan a luz, a bolsa do lixo, unha mofeta...
  • escoitase como...  o berro dun corvo ou dunha urraca, o silencio, o son dun piano de cola, o miañar dun gato negro, o canto dos grilos, o son do medo, o ruxido dunha panteira negra ou do diaño de Tasmania, o son das chicharras unha noite de verán...
  • Síntoa cando a toco...  suave como a lá dunha ovella negra, áspera como os pelos dunha araña, quente como a cinza, suave como as plumas dun corvo, rugosa como o piche, agradable como o pelo dun gato, dura como o acibeche, suave como a melena de mama...
  • faime sentir... medo, terror, enfado, sorte, soidade, loito, tristura, odio...

A COR BRANCA FAINOS SENTIR...

A cor BRANCA
  • sabe a...  leite fresco, a polo cocido, salgado como o sal, a arroz con leite, a tona montada, a merengue, é doce como o azúcre, soso como a comida sen sal ...
  • cheira a... a coco, a lobo polar, a nardos recén cortados, a xazmín, a azahar, a leite recén fervido...
  • é a miña vista como...  a estela dos avións no ceo, un camiño ateigado de margaridas, a luz dun flexo, o ceo cheo de nubes, unha pantasma, as montañas nevcadas, a escuma branca que deixa o mar cando hai maruxía...
  • escoitase como... o son do mar nunha cuncha, o meo dunha ovella, o ruído das gaivotas, o son dunha ambulancia, o romper dunha baldosa, o leite cando ferve, a música clásica, o son do vento nun día de inverno, o son dos carámbanos ao derreterse...
  • Síntoa cando a toco... áspera como a lá dunha ovella, frío como a neve no inverno, suave como un coelliño branco, brando como o algodón, frío como o xeo...
  • faime sentir... arrepentimento, liberdade, tranquilidade, sinceridade, bondade, deriedade, beleza, enfermidade, soidade, quietude, amor, limpeza...

A COR VERMELLA FAINOS SENTIR...

A cor VERMELLA
  • sabe a ... piruleta de cereixa, a regalicia, a tomate, a ketchup, a fresas, a pementos fritidos, a frambuesas  e ademais é picante como unha guindilla ou o chourizo e doce como a sandía...
  • cheira a... marmelada de amorodos,  sopa de tomates, pementos, a zorza, a pintauñas, a amorodos, a sangue, a rosas...
  • é a miña vista como...  os beizos de mamá, o corazón, o lume, o símbolo da cruz vermella, o círculo da bandeira de Xapón, un pintabeizos carmín, un campo cheo de papoulas, o brillo dun rubí...
  • escoitase como... a explosión dun volcán, o latexo do corazón, a serea dos bombeiros, o son dunha bucina, o redrobe dun tambor, as voces dos zombies, as risas dos paiasos, o son dun bico..
  • Síntoa cando a toco... suave como os pétalos dunha rosa, liso como a nariz dun pallaso, como un globo, doe como unha ferida, como a mazá de Brancaneves, áspero como a lingua dun gato, xelatinoso como a cresta dun galo, brando como a xelatina de amorodos, suave como a pel dun tomate..
  • faime sentir... paixón, perigo, optimismo, vitalidade, forza, dor, perigo, coraxe, susto, sorpresa...

martes, 23 de decembro de 2014

SENTIR A ARTE. EMOCIONARTE

As cores teñen un gran efecto a nivel emocional sobre as persoas, de aí a gran importancia que teñen no mundo da ARTE. Grazas ás cores podemos expresar emocións, sensacións, sentimentos, estados de ánimo... Porén propuxemos ao noso alumnado a seguinte actividade:

Pechamos os ollos e tratamos de percibir as cores cos nosos sentidos (vista, oído, olfacto, gusto e tacto) e pensar nos sentimentos ou emocións que nos suxería cada cor.









domingo, 21 de decembro de 2014

DESCUBRIR A ARTE A TRAVÉS DO MUNDO


Caroline Desnoettes (autor)
Kalandraka (Editorial)

Este libro é unha festa para os ollos, un fascinante encontro con 18 obras de arte a través de todo o mundo: rollos etiopes, biombos coreanos, máscaras brasileiras, iconos rusos... Conten información sobre as obras, o seu lugar e época de creación. Invita a observar os detalles, os materiais, as formas artísticas...

EXPOSICIÓN PERMANENTE SOBRE ARTE

Xa temos á disposición dos nosos usuarios/as, unha selección de libros relacionados coa ARTE que se atopan de maneira permanente, nun expositor dentro da biblioteca. 


Non esquezas botarlles unha ollada!!! Hai moitas novidades moi interesantes!!!

mércores, 17 de decembro de 2014

ARTBOOK PICASSO



Matilde Battistini (texto) 
Nova Galicia Arte (editorial)



Desde a formación académica nas provincias españolas de finais do século XIX ata a súa morte, pasando polo período das vangardas parisienses e a explosión do cubismo, Picasso domina a arte do século XX, e as súas obras son símbolo mesmo da arte e da cultura contemporáneas.




domingo, 14 de decembro de 2014

UNHAS ÁRBORES CON MOITA ARTE

Chegou o Nadal ao noso cole e a entrada principal vestiuse de gala grazas á colaboración do noso alumnado porque este ano decidimos elaborar unha gran postal colaborativa entre todos/as.

Empregamos distintas técnicas: debuxo, coloreado, recortado, collage... e distintos materiais: cartolina, goma eva, papeis de cores e de agasallo...



Ademais convocamos un certame de lemas relacionados coa ARTE e de entre todos (que foron moitos e moi bos) escollemos un que reflexa elocuentemente a conxunción  de sentimentos que provocan en nos a arte e o nadal.
A frase escollida é de LAURA BROCOS JUNCAL de 3º A e di así: 
CUN BOTE DE CARIÑO E UN PINCEL DE ILUSIÓN, IREMOS PINTANDO SORRISOS EN TODOS OS CORAZÓNS

UN NADAL DE ARTE

Os nosos pequenos artistas seguen a traballar sen descanso.  Nesta ocasión, para festexar o Nadal, crearon unha preciosa árbore con moitas estrelas de cores brillantes que decora a entrada do noso cole.


xoves, 11 de decembro de 2014

MIRA QUE ARTE! AS MENINAS


Patricia Geis (autora e ilustradora)
Combel Editorial


Neste libro descubrimos un dos cadros máis enigmáticos da historia "As Meninas" a través de imaxes, pop-ups e actividades divertidas.

Diego Velázquez pintou o cadro das Meninas  ou A familia de Felipe IV no ano 1656 e actualmente atópase no Museo do Prado de Madrid.



Preme na imaxe do cadro para acceder a unha audioguía moi interesante onde a Infanta Margarita e o propio Velázquez nos explican de maneira interactiva os secretos deste precioso cadro.



Neste video podes explorar dende moi cerca o cadro