domingo, 9 de novembro de 2014

O ARTISTA QUE PINTOU UN CABALO AZUL

Eric Carle (ilustrador)
Chema Heras (traductora)
Kalandraka (editora)

A liberdade creativa, o xogo cromático e o oficio do artista, contado para os máis cativos/as e unha homenaxe ao pintor alemán Franz Marc (1880-1916) precursor do expresionismo.
O seu "Cabalo Azul I" serviu de inspiración para este libro de Eric Carle, que descubriu a obra deste pintor a trvavés do seu profesor de arte, cando o réxime nazi prohibía a creación e a difusión desta vangarda pictórica e cultural. O gusto de Carle pola cor en todas as suas variedades, tonalidades e texturas, é froito desta influencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario